«A miña ilusión é traer un campionato importante para O Grove»

Bea Costa
B. Costa VILAGARCÍA

AROUSA

Entrevista | Manuel Sanmartín González, «Manolo Campaña» Hai trinta anos que Manolo anda metido no básket. Lidiou cunha chea de políticos e ata coa Garda Civil, pero o mellor segue sendo ver aos cativos tirar á canastra

09 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

Manuel Sanmartín González, máis coñecido como Manolo Campaña, sabe case todo do deporte da canastra nas terras do Meco. Él puso os cimentos do actual Clube Baloncesto O Grove, en 1973 e, desde entón -cun pequeno paréntese a principios dos anos noventa- sempre estivo vinculado á entidade, tanto desde a cancha como desde postos directivos. Hoxe, o clube vive un momento doce, con case oitenta rapaces nos seus equipos, desde cadete ata sénior, e cunha escola de baloncesto para os cativos de tres a cinco anos «porque a base é o máis importante», reitera Manolo, que sempre aposta pola canteira. -¿Como foron os comezos? -Coincidiú cando se inaugurou o pavillón. Eu xogaba en Pontevedra e vin a un grupo de rapaces xogando alí e lles prantexei empezar a adestrar. Empecei con chavalas e cun clube que antes de chamarse Deportivo Grove chamouse Peralto, Montiño e clube Ceibe. -¿Cantas veces dixo que o deixaba? -Moitas, pero os xogadores e os pais dos nenos sempre me acabaron convencendo para que seguira. A verdade e que era unha pena que 70 rapaces se quedaran na rúa, sen poder xogar. -Tres décadas ao pe do cañón, ¿vai a por outras tres? -Home, a miña idea é continuar pero non sei canto tempo estarei. -Trinta anos dan para moito. ¿qué foi o mellor e o peor que lle dou o clube? -O mellor é ver aos rapaces facerme un regalo polo meu cumpreanos e, por suposto, cando nos tocou o segundo premio da lotería de Nadal no 98. Rapartimos 1.360 millóns de pesetas. O peor foi sempre facer fronte á falla de axudas por parte do Concello do Grove. Todos os anos vin o mesmo desinterese polo deporte, en todas as corporacións que pasaron por alí... o que ocorre é que eu fago deporte, non política. -¿O baloncesto deixoulle máis amigos ou inimigos? -Máis amigos, claro. A nosa filosofía no clube é deporte e amizade. -Falemos de vostede coma afeccionado. ¿Como foi iso de empezar a meter canastras? -Empecei no colexio de Arcade . -¿En que posto? -Era base. -¿Dos bos ou dos que lle tocaba ver a xogada desde o banquiño? -Non era nin moi bo nin moi malo. Era agresivo e tiña unha boa técnica. -¿Cal é o seu equipo?, aparte do Grove, por suposto. -Eu son do Real Madrid. -O xogador favorito. -Julius Erving, xogaba no Philadelphia na tempada 76-77. -Véñase máis preto. Dígame un español, e máis recente. -Juan Antonio Corbalán. -Tampouco non é moito máis preto. -(Risas). Dos de agora gústame Calderón e tamén Herreros, como tirador. Pero para min os mellores son os daqueles anos: Epi, Fernando Martín, os da medalla de prata (Olimpiadas dos Ánxeles 1984). -¿NBA ou ACB? -Son cousas distintas. A NBA e espectáculo. Pero na forma de traballar eu quédome coa escola iugoslava, son os mellores. -¿Que pensa de que haxa tanto extranxeiro no baloncesto español? -Eu non son partidario da entrada de tantos extranxeiros, porque iso corta moito a canteira. Deberían deixar só dous extranxeiros por equipo, como pasaba antes. -¿Cal é ese partido que garda na memoria? -A final dos xogos olímpicos do 84. -¿O seu momento máis gratificante? -Foi no Mundo Basket 86, que, en Oviedo, cando tiven a oportunidade de estar en contacto con moita xente do baloncesto. -Unha ilusión. -Traer un campionato importante para O Grove. Perdemos ocasións boas, pero aquí non podemos facer nada polo de sempre, a falta de medios. -Algunha anécdota que lle deixara todos estes anos nas canchas de básket. -Home, podería falar das rivalidades que había ao principio. Recordo que co colexio Filipense de Vilagarcía sempre acabábamos á greña. E cos homes era co Liceo de Vilagarcía. Unha vez, cando nos xogábamos á clasificación para o campionato galego acabouse chamando á Garda Civil.