TRIBUNA PÚBLICA | O |
01 oct 2004 . Actualizado a las 07:00 h.A ASAMBLEA Local do BNG de Pontecesures quere manifestar, ante as declaración feitas polo Partido Socialista en días pasados, o seguinte: Ser de esquerdas e defender á clase obreira non é unha cuestión de decilo ou levalo como etiqueta, senón de demostralo mediante accións; cousa que o PSOE local non fixo nos meses de maio e setembro de 2003 cando votou de forma sistemática en contra da aprobación do primeiro Convenio Colectivo do persoal laboral do Concello de Pontecesures lesionando así os dereitos dos traballadores. O BNG como organización local ten un grande respeto ao Partido Socialista local de Pontecesures pola súa traxectoria dende o inicio da democracia, nembargantes lamentamos que certos membros desta organización (que por certo non superaron aínda o fracaso nas eleccións locais de 1.995, nas que desapareceu o PSOE do ámbeto municipal) pretenden facer uso constante do alineamento co PP na oposición cunha máxima de non aprobar por sistema cuestións fundamentais para os veciños do noso pobo, como a posta en marcha da gardería municipal, axudas aos clubes deportivos municipais, mellora das instalacións náuticas,... etc. Entendemos que é unha estratexia equivocada e lamentable que lesiona os intereses colectivos de tódolos veciños de Pontecesures. Varias veces se lle ofertou ao Partido Socialista a entrada no Equipo de Goberno, e en tódalas ocasións rechazaron a súa entrada incluso aceptándoselle todo aquelo que eles pedían, argumentando sempre cousas triviais ou como nesta última vez que esgrimen que non queren pactar debido a unha sentencia que ten pendente o Concello; que por certo está aínda pendente de recurso. Nós entendemos que ao Partido Socialista nen lle ven nen lle vai esta sentencia pero instrumentalizaa como excusa para negarse a formar parte do Goberno Municipal; en calquera caso pedimoslles aos señores Gerpe e Chenlo que fagan unha reflexión da súa militancia e mediten acerca dos altos cargos do seu partido que non só están pendentes de sentencia, senón nalgúns casos cumprindo penas de prisión. Porta aberta Se en realidade aos socialistas lles preocupa sacar adiante cuestións en beneficio do interés xeral, no BNG atopará unha porta aberta para xestionar o mellor para o noso pobo, e que se deixen de facer pinza co PP e pensen en ocupar o espacio político que lle corresponde ao seu partido e non ser meros consortes do Partido Popular. Entre os votantes e simpatizantes do Partido Socialista que reflexionen se comparten as formas do NON sistemático e comparsa do PP e que xulguen se a esquerda terá futuro no noso Concello ou ben se lle están abrindo as portas á dereita. É responsabilidade do grupo maioritario da Corporación (BNG) buscar acordos de gobernabilidade con quen sexa para levar adiante os proxectos que están parados e que o partido socialista rechazou de forma reiterada. A pesar de todo nos sempre estamos abertos ó dialogo e ó debate e a chegar a puntos de encontro dende unha actitude seria e responsable pero non pueril e revanchista como ata o de agora.