«Pintei ao centolo sendo o rei, como Warhol fixo con Marilyn»

María Hermida
María Hermida VILAGARCÍA

AROUSA

Entrevista | Fernanda Padín Ogando A creadora do deseño que promocionará o festexo gastronómico maior do Grove, buscou inspiración nos cadros da figura máis importante do chamado «pop-art»

09 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

?ernada Padín Ogando leva anos ensinando aos alumnos as técnicas do márketing e cómo promocionar un producto no punto de venda no IES Monte da Vila de O Grove. Nesta ocasión, foi ela a que se puxo mans á obra para vender un deseño seu. Inspirado en Andy Warhol, a súa proposta gañouse ao xurado do concurso de carteis da Festa do Marisco. -Conte algo desta proposta con influencias daquela arte popera dos 60... -Pois pensei en pintar ao centolo sendo o rei, como no seu día Andy Warhol fixera con Marilyn Monroe. Penso que fixen un deseño vistoso, con moitas cores. -¿É a primeira vez que se presenta a un concurso? -Si, nunca antes se me ocorrera. Agora mirarei para presentarme a máis, fixareime nos que saen por Internete. De momento, aínda estou saíndo da sorpresa por gañar este concurso. Aínda non sei se había moitas ou pocas propostas. -Un premio de 300 euros que se vai para San Vicente... ¿Xa ten destino concreto esa cantidade? -Pois servirá para tapar eses ocos que sempre se teñen por ahí. -Vostede adícase á ensinanza, precisamente, de cousas relacionadas co deseño e o márketing, ¿incide na creacción de carteles? -Si, a min gústame moito o tema do deseño e, sobre todo, traballo cos alumnos o tema de facer traballos por ordenador. A partires de agora animareinos para que tamén se presenten a concursos deste estilo.