«Síntome máis cómodo ilustrando os meus propios textos»

Chelo Lago PONTEVEDRA

AROUSA

Entrevista | Kiko da Silva O seu libro «¿Que contan as ovellas para durmir?» xa está nas librerías e agora ultima a súa colaboración coa nova revista de «El Jueves» para adolescentes

18 ago 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

?iko da Silva, mais coñecido pola sua faceta de ilustrador e debuxante, tamén é escritor. Acaba de publicar a súa segunda obra de literatura infantil ¿Que contan as ovellas?, un encargo de Neira Cruz, director da colección Árbore de Galaxia na que se enmarca. A primeira, editada por Kalandraka, foi Moncho e a mancha, traducida ao castelán, catalán, euskera, portugués e inglés. -¿Como é o novo conto? -Quería facer un conto de durmir, para ler ao pé de cama e o argumento xira entorno á pregunta que che pode facer un neno a esa hora: se nos contamos ovellas para durmir, ¿que contarán eses animais?, ¿porcos, lobos, ras...? -Vostede ilustra libros de otros autores, ¿como lle foi co seu propio texto? -Síntome máis cómodo ilustrando os meus propios textos. Normalmente, un escribe sobre as cousas que quere ilustrar e nese sentido é tamén máis doado que adaptarse ao que conta outra persona. -¿Como se fai un libro deste tipo? -Normalmente creo o texto e unha vez que o teño escrito, fago unha premaqueta e un storyboard das ilustracións. Estas maquetas son máis longas do normal e logo hai que adaptalas ao número de páxinas da colección ou recortar o texto para que non quede moi comprimido. -¿Que diferencias hai co seu traballo anterior? -Aquí misturo a ilustración máis tradicional cós experimentos tridimensionais cos que veño traballando nos últimos cinco anos. -¿Está satisfeito co resultado? -Si, moito. A mistura de técnica dixital e fotografía tradicional que fixen ábreme novos camiños para a experimentación coa ilustración tridimensional. Eu non traballo con programas de 3-D, senón que todo o que fotografío existe, parto duna base real. Neste sentido, síntome cercano á escultura. -¿Cal foi a maior dificultade que topou? -O problema maior ao facer as imaxes foi resolver a ovella. Quería facer a textura lanosa, pero sen utilizar lá nin algodóns, que sería o tópico. Ao final, fregando os platos dín coa solución: o estropallo metálico podería perfectamente adaptarse ao corpo do animal. -¿E o resto do corpo? -Resolvino con mistos para as patas e cerámica pintada para a cabeza. En canto ao escenario, quixen xenerar sensación de profundidade de campo, para o que creéi un escenario moi grande e que os elementos se desenfocasen a medida de que estaban más lonxanos. O chan, por outra banda, é unha alfombriña verde desfeita, das que se utilizan nas floristerías.