A peza levaba perto dun século colocada na entrada que se abre cada ano xubilar O lugar franquéase dende este ano a través do bronce realizado polo escultor Suso León
09 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.A porta de madeira que ata este ano pechaba a Porta Santa propiamente dita ao rematar o ano xubilar poderase ver a partires do 2005 nunha das salas no museo da catedral. A gran folla de madeira con incrustacións levaba perto dun século cerrando o acceso dos peregrinos á basílica pola entrada que de forma simbólica se abre para inaugurar cada ano santo. A súa substitución pola espléndida dobre folla de bronce esculpida polo artista compostelá Suso León confírelle a antiga porta a categoría de peza museística, porque como ben explicou o coengo responsable do patrimonio artístico da basílica, Alejandro Barral, «a zona do museo donde se poñen cousas de arte actual debe seguir enriquecéndose con pezas que dan conta das diferentes etapas». A pesada porta permanece aberta todo o día durante o ano xubilar. Pero na celebración do 1993, o cabildo decidiu colocar un cortaventos que amparara o interior da xirola e que, á vez, fose lixeiro de abrir dende o exterior e do interior do templo. Os responsables da catedral quixeron que este elemento, malia a súa funcionalidade, fose digno da importancia do lugar. Asi que llo encargaron a escultor Francisco Leiro (Cambados, 1957), que realizou unha obra de arte de fonda evocación nos motivos decorativos: a barca que arribou a Iria Flavia cos restos do Apóstolo, no río Sar e perto dun prado no que desembarcar, e cunha gran estrela na parte superior desta porta. O cortaventos está pendente da súa colocación na porta santa. Cando se retire, ao remate do ano xubilar, tamén de levará ó museo catedralicio, donde quedará ata a próximo celebración xacobea, que corresponde no 2010.