El Cronómetro | Estudio sobre toponimia
13 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.Son tres grafías para un único nombre. E sobre todas elas se falou no acto que onte tivo lugar na casa de cultura. O debate iniciouno Carlos Álvarez Besada, do Bloque Nacionalista, preguntando se hai posibilidades de que se reabra o expendiente sobre o xeito de escribir o nome do municipio. El aposta por Ogrobe. Xan Caneda saíu ó paso para botarlle un cabo. E recordou que cando a comisión de toponimia apostou por escribir o nome do concello separado en con uve, foi por unha cuestión puramente social, xa que cambiar unha grafía que está documentada desde hai 300 anos suporía moitos trastornos. Ese argumento foi recollido polo respresentante da comisión de toponimia da Xunta de Galicia, quen asegurou que hai «argumentos suficientes para defender que este nome se escriba separado e con uve, e exactamente pode haber os mesmos argumentos para defender calquera outra fórmula». «A toponimia non é unha ciencia exacta», explicaba este portavozO Grove seguirase escribindo así. Pero parece que, seguindo a toponimia oficial, haberá que acostumarse a escribir O Vao así, con uve.