? Arousa visitará mañá (O Roxo, 17.30 horas) a un dos dous únicos equipos aínda invictos tralas sete primeiras xornadas de Liga, o Cerceda. Segundo na clasificación con 15 puntos, catro victorias e tres empates, o cadro dirixido por Eduardo Fenández Abel suma os seus tres partidos en casa por triunfos: 1-0 co Bouzas, 5-2 ó Porriño e 1-0 fronte o Lalín. Unha vez comparada es ta situación coa tráxica conxuntura que atravesa o seu rival arlequinado, colista con catro puntos, Fernández Abel mantén a precaución como sabia arma á hora de afirmar que «o Arousa ten un bo equipo, e por iso mesmo agardamos que non nolo vai pór doado. Quererá resolver os seus problemas aquí». O técnico do Cerceda sabe que o maior perigo dos vilagarcianos chegaralle do contraataque. Neste senso, apunta que «o Arousa dispón un sistema 5-3-2 perigoso para o contrario», e supoño que contra nós voltará a empregalo. Fernández Abel considera que a clave do encontro estará en ver se «somos constantes. De conseguilo o Arousa o terá moi difícil». Cun plantel practicamente igual ó do ano pasado, o Cerceda non oculta baixo falsas modesitas a súa meta: «repetir presencia na fase de ascenso a Segunda B».