Mecos busca por no País Vasco a guinda á súa gran tempada

Pablo Penedo Vázquez
Pablo Penedo VILAGARCÍA

AROUSA

SIMÓN BALVÍS

Portugalete, en río, e Getxo, en mar aberto, últimos retos da ACT 2003 González aproveitará para darlles máis minutos ós remeiros que menos regatas acumularon

26 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Portugalete, hoxe, e Getxo, mañá, son as dúas derradeiras citas organizadas pola Asociación de Clubs de Traíñas na tempada do seu nacemento. Rematada a Liga a semana pasada en Zarautz, as dúas probas restantes son de carácter amigable e nelas os clubs da ACT poderán aproveitar para descargar a tensión acumulada durante a competición oficial. O Mecos, pola súa parte, acode á dobre cita vasca co única meta de «tentar quedar o máis arriba posible», segundo manifestou onte o patrón da traíña grovense, Fran González. Búscase, en definitiva, por a guinda ó doce pastel no que se convertíu a mellor campaña asinada polo club arousán en toda a súa historia. Ademais, o responsable da Mequiña aproveitará para «que reme a xente que menos regatas acumulou durante a tempada», libres da presión de loitar polos valiosos puntos en xogo na Liga. A regata de Portugalete (hoxe, 16.45 horas) celébrase en río, e para os oito mellores da ACT, en línea. Unha idea que non lle agrada demasiado a Fran González por canto, apunta, «existe unha enorme diferencia entre as condicións das rúas exteriores e as do medio. Estas últimas deixan vendido a quen compite nelas», polo que é da opinión que sería mellor disputar a regata na modalidade de contrarreloxio. Así o farán o noveno e o décimo da pasada Liga, Pedreña e Tirán, e os catro clubs que loitarán na promoción de ascenso-descenso: Isuntza, Zarautz, Ur-Kirolak e Trintxerpe, na que non figura ningún galego por decisión da Federación autonómica galaica e mais dos mellores clubs da rexión durante a tempada. Mecos competirá na terceira tanda no grupo dos catro mellores da ACT, xunto con Astillero, Pasai Donibane e Orio. A eles engadiráselles mañá Castro Urdiales na Bandera El Corte Inglés de Getxo (12.00 horas) , xa en mar aberto e dividida en dúas tandas, á marxe da dos clubs do play-off .