O Cortegada perde co Cluny no derradeiro segundo e derrota ó Calasancia

La Voz LA VOZ | VILAGARCÍA

AROUSA

O Cortegada, filial de 1ª Nacional B do Extrugasa, completou onte a súa participación na Copa Xunta de Baloncesto Feminino cunha victoria clara sobre o Calasancia: 79-69 O encontro, celebrado no Pabillón Miguel Ángel González de Carril, mantívose igualado durante a primeira metade, na que o equipo anfitrión, contaxiado do ritmo lento do seu rival, non conseguíu irse de máis de sete puntos. No terceiro cuarto a cousa trocou. O Cortegada espertou e endousoulle un parcial de 20-0 ó Calasancia, rachando o partido en anacos. Tan só as rotacións e a relaxación nas filas vilagarciáns permitíulle ás visitantes recurtar diferencias ata os dez puntos finais. Un día antes, o domingo, o Cortegada perdeu (65-63) o seu terceiro partido de Copa, na casa do Cluny, cunha polémica canastra en contra nos derradeiros segundos na que se pediron falta, pasos e zona.