Entrevista | Antonio, «Chiqui» Barros O técnico ferrolán amosa unha fe cega nos seus xogadores e apunta que os seus conxuntos sempre van a máis durante a competición.
17 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.? ferrolán Chiqui Barros regresou a Galicia despois de sete exitosos anos en equipos foráneos de LEB 2. Agora agarda devolver a ilusión ó básket de Vilagarcía. -A verdade é que si. O equipo traballou moi ben. É un grupo moi sacrificado. Ó mellor era un risco enfrontarnos a dous conxuntos da LEB 2 nos derradeiros partidos, porque che podían sacar do campo, pero o equipo fíxoo ben. Creo que imos chegar ó inico de Liga a un nivel digno, aínda que o cadro dista do que creo que pode dar de si. Os meus equipos sempre foron de menos a máis. -Sen Villar nin Patricio e tuteando a dous LEB 2 ¿Que se pode agardar deste plantel? -Un equipo do que Vilagarcía se sinta orgullosa, que se entregará tódalas semanas. Creo que imos ser un conxunto sacrificado e agresivo. A efectos clasificatorios, non ocultamos que a nosa ilusión é estar entre os primeiros. Pero será difícil. Nós estamos convencidos de que vai haber unha praza para nós na fase de ascenso. Temos potencial para iso, pero hai outros cinco equipos cun potencial similar ó noso no Grupo A. Temos que ser dos máis regulares para xogar os play-offs . -Cos reforzos de Súper e de Alberto así o puidera parecer. -Xogar a fase de ascenso é o noso obxectivo. Pensamos que os reforzos, tamén o de David e o de Lois, van facer mellorar a un equipo que xa era bo. Todo o mundo fala de que esta é a EBA máis competitiva dos últimos catro anos, trala creación da LEB 2. Esta é a primeira vez que tantos xogadores que a tempada anterior estaban na LEB 2, algúns mesmo ex ACB, quixeron fichar por clubs EBA con ofertas de categorías superiores. -Con catro caras novas na pista e un novo adestrador, ¿que tipo de baloncesto vai ver a afección local? -Comigo xógase como se adestra. A primeira norma é traballar ben no día a día. Quero un cadro con moitos recursos defensivos, que corra e que á hora de atacar non dependa dun xogador, pero que saiba cales son as súas referencias. Temos que ter dous ou tres xogadores que marquen a batuta. Non só á hora de anotar, senón, sobre todo, atraendo ás defensas contrarias. E a partir de aí que todo o mundo se sinta cómodo e teña as súas opcións, de modo que sexamos difíciles de defender. -¿A quen ve loitando na fase de ascenso? -En primeiro lugar, ó Inelga. Así o creo. Logo ó Cimáns, Palencia, Santurtzi, Ávila e Celso Míguez. Logo vexo a tres equipos que poden ter opcións, e que serán perigosísimos, o Xuven, San Sebastián e León.