O Cruceiro do Hío, un visitante a ter moi en conta

La Voz

AROUSA

VILALONGA

13 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

A súa oitava posición na tempada 2002/2003 convertíu ó Cruceiro do Hío nun dos equipos revelación do Grupo Sur da Rexional Preferente. Con ese precedente presente, os seus rivais téñeno coma un equipo a respetar en cada enfrontamento. Hoxe (Novo San Pedro, 18.00 horas) é o convidado do Vilalonga nun encontro que marcará quen estará a vindeira semana nas primeiras prazas da clasificación. Polo de pronto, o Cruceiro leva unha derrota, no primeiro encontro de Liga, fronte ó Antela 1-0, resarcíndose sete días despois na súa casa a costa do Estradense (1-0). Na súa contra, o Vilalonga ten numerosos problemas de tocados que esta semana lle impediron adestrar con normalidade.