Obituario | Adolfo Llovo Santos Vilagarcía despediu onte o que fora o primeiro director do instituto Castro Alobre. Un profesor que dou clase durante a súa vida a máis de oito mil alumnos
08 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.Encontreime con don Adolfo por primeira vez un 17 de xullo de 1954. Era o día do examen de ingreso no instituto laboral Calvo Sotelo de Vilagarcía e el presidía o tribunal que nos examinou. Don Adlofo, inda que moi serio, dábanos tranquilidade e axuda. Logo, ó longo de sete anos máis, coñecémolo de preto e teño que destacar as gañas que poñía para facernos doado o traballo que tiñamos que desenrolar. Consellos, todos. Os seus textos de xeografía económica en bacherelato, pero sobor de todo a súa personalidade e humanidade, o seu interese en que a nosa formación fora a mellor posible, respostaba sempre ás preguntas de calquer tipo. En fin, unha gran persoa, pero por riba de todo un gran MAESTRO. Logo, a partir de outubro do 1968, e durante cinco cursos, tiven a honra de ser o seu compañeiro no claustro do instituto Sanchez Cantón de Pontevedra. Neste tempo doume moitos consellos e orientoume na que ía ser a miña profesión docente. Sempre lle estarei agradecido polas clases particulares que, de tres a catro da tarde, nos sillóns da sala de profesores maxistralmente me impartía sobre técnicas profesionales e intríngulis práctica da didáctica. Nestes cinco anos que convivimos xuntos coñecín a súa bonhomía, profundida cultural, desprendimento e sencillez. Os seus análisis sobre os alumnos e o que podíamos esperar deles, eran expléndidos. Rara vez se equivocaba nos seus pronósticos, pero o importante era que me dicía o que se debía facer para enderezar ós que o necesitaban. Calculo que polas súas mans pasaron uns oito mil alumnos e penso que ningún ten mal recordo do seu maxisterio. É máis, afirmo que algo tivo que ver na súa excelente formación. Exemplos claros temos a Enrique Portorrey, Javier Gago, Rafael Pérez Santamarina ou Mariano Rajoy. A última vez que estiven con el máis dunha hora foi en septembro do 1998. Estaba eu diante o instituto e viña el do ambulatorio. Empezamos a falar e díxome si lle enseñaba como estaba actualmente o edificio do centro. Despios da visita, rematamos no despacho do señor director, Daniel Garrido, e recoñeceu de inmediato os mobles que alí aínda se conservan do que fora a súa sala de dirección. Contounos a súa historia e lembrounos moitas anécdotas e detalles de cómo se foi facendo e ampliando o centro. Pura historia de Vilagarcía feita coa sinxeleza e modestia habitual. A súa familia quero dicirlle que Dios xa o ten na súa gloria. Graciñas por todo Don Adolfo. Juan Manuel Arenaz, alumno y compañero de Llovo.