Trescentas persoas participaron nas actividades de Vilagarcía Deportiva

La Voz LA VOZ | VILAGARCÍA

AROUSA

04 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

?nhas trescentas persoas participaron a fin de semana pasada nas actividades que a Fundación de Deportes organizou o abeiro de Vilagarcía Deportiva. A piscina, que contou con máis dun cento de usuarios nos dous días, foi a iniciativa que tivo máis éxito. As canchas de tenis tamén contaron cunha boa cantidade de afeccioados e houbo unha boa resposta tamén á oferta de actividade no pavillón e nas pistas do parque do Cavadelo. Era a segunda ocasión na que a Fundación de Deportes organizaba este tipo de actividades e, segundo afirma Ravella, o número de usuarios creceu «lixeiramente e, sobre todo, se diversificou a utilización das instalacións deportivas». Dende o Concello catalóganse de «positivos» os resultados desta segunda experiencia. A Fundación considera «especialmente boa» a resposta do público na exhibición de tiro con arco na praza da Peixería. En canto os torneos de fútbol e baloncesto que se disputaron no Cavadelo, tomaron parte varios equipos de rapaces con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos no fútbol e entre os 6 e os 16 no baloncesto. Nesta especialidade impuxéronse Los Diablos e en fútbol, o equipo gañador foi o Chapapote. Fútbol praia Por outra banda, os equipos Academia Celta e o Churrasco A Ría lideran os grupos A e B da categoría de adultos no torneo de fútbol praia que organiza a Fundación de Deportes. Os dous primeiros clasificados ostentan aínda a súa condición de invictos. Tanto no grupo A como no grupo B, non tódolos equipos levan disputado o mesmo número de encontros.