18 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.
O Club Pirata R.C. de Vilagarcía organiza este sábado a primeira proba do I Open Provincial de Automodelismo Todo Terreo nas categorías 1/8 T.T. gasolina e 1/10 T.T. eléctricos. A proba terá lugar no circuito de Fontecarmoa a partir das 16.30 horas. O 19 de xullo, o 16 de agosto e o 11 de outubro celebraranse as outras tres citas do calendario de competición do Open Provincial. Asimesmo, o Club Pirata R.C. está en trámites para organizar unha proba do Campionato Galego de Automodelismo na categoría de 1/8 T.T. Gas.