Participarán na terceira proba da Copa do Mundo de Augas Tranquilas O K-2 Kaiak do Grove gaña o terceiro torneo da Segunda División de kaiak polo
18 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.Os canoístas grovenses Alfredo Bea e David Mascato voltaron a ser convocados polo adestrador da selección nacional de piragüismo para defender as cores de España nunha proba internacional. Concretamente, na terceira regata da Copa do Mundo de Augas Tranquilas, que se celebra entre mañá e o domingo na localidades alemana de Duisburg. Esta será, de feito, a segunda cita dos mecos coa Copa do Mundo de Augas Tranquilas este ano, logo de asistir á súa segunda proba hai case un mes en Szeged (Hugría). Bea e Mascato competirán tan só en parella, nas distancias de 500 e 1.000 metros. David Cal será o único representante español na canoa individual, participando nas tres probas, 200, 500 e 1.000 metros. España tamén estará presente en Duisburg con outras once tripulacións: Teresa Portela (K-1 200 metros), Beatriz Manchón e Teresa Portela (K-2 200), María Isabel García, Beatriz Manchón, Jana Smidakova e Teresa Portela (K-4 200), Ana Varela (K-1 500 y 1.000); Carlos Pérez Rial (K-1 200 e 500), Jovino González (K-1 1.000), Javier Hernanz e Javier Fernández (K-2 200 e 500), Pablo Baños e Damián Vindel (K-2 1.000), e Manuel Muñoz, Jaime Acuña, Aike González e Oier Aizpurua (K-4 200, 500 e 1.000). Tamén esta fin de semana, a selección española competirá na Copa do Mundo de Marathón en Bergen (Noruega). Alí estarán Federico Vega, Rafael Carril, Ion Sagrado, Daniel Prego e os irmáns do Teso Andrés e Carlos. Por outro lado, o K-2 Kaiak do Grove adxudicouse o terceiro torneo da Segunda División de Kaiak Polo de Galicia, disputado o pasado domingo en Poio. O equipo meco cimentou este excelente resultado coa súa victoria por 3-2 sobre o equipo local e actual líder da clasificación xeral, o Arborada. O Club Náutico Pontecesures tivo, pola contra, un papel discreto, ó concluir a xornada na sexta posición, de oito.