TRIBUNA PÚBLICA | O |
07 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.ESTASE a tratar estes días na prensa a noticia da retirada da bandeira azul ás praias de A Concha e A Compostela. Na tertulia que case cada día mantemos ante un bo café falamos deste tema. Vennos a memoria unha situación similar que nos tocou vivir cando tíñamos responsabilidades na Autoridade Portuaria de Vilagarcía: a retirada da bandeira azul ó porto deporitvo. O primeiro que analizamos, é a diferencia entre ambas retiradas. Ó porto retiróuselle, non por contravir os requerimentos, senon porque, ó estar a realizar obras, non se pode manter izada a bandeira. Iso é o que establece a lei. Lembramos que ó rematar as devanditas obras, a bandeira voltou a ondear con total normalidade. Sen ter en conta os argumentos que acabamos de expor, naquela ocasión fomos atacados de forma despiadada. O que máis se estendeu nas súas críticas e improperios foi o líder do grupo político que se presenta as eleccións como independente por Vilagarcía. Tomamos aqueles improperios como o patalexo de de quen nada máis pretendía torpedear o labor dos demais ante a súa manifesta incapacidade para realizar xestións que puidesen redundar en beneficio da nosa cidade. Tampouco foron curtos en descalificacións os integrantes do BNG. A propósito, ¿onde están agora? ¿Será que nesta ocasión non ven posible obter un beneficio político? Redobrar esforzos Desde aquí queremos animar ó Concello de Vilagarcía a que redobre os esforzos necesarios e faga cantas xestións sexan precisas ante as institucións da Comunidade Europea para recuperar de inmediato a bandeira para as nosas praias, pois pensamos que a merecen e son imprescindibles para o desenvolvemente sostible do turismo na nosa vila. Recorrer a decisión Son estes momentos en que debemos apoiar e non criticar o que realmente temos, porque as nosas praias non teñen nada que envexar ás de concellos veciños. Pensamos que fai ben o Concello, como non podería ser de outro xeito, en recorrer a decisión, porque ten moito de arbitraria e non debemos ficarnos durmidos vendo como nos arrastra a corrente. Deste xeito, pronto veremos recuperado o recoñecemento que lle pertence á cidade máis fermosa e desenvolvida da bisbarra, mantendo a posición de cabeceira que lle corresponde. Non é o momento de facer leña da árbore caída e, en lugar de facer críticas, como as que tivemos que soportar no seu momento, animamos a traballar arreo para conseguir de inmediato o obxectivo que debe ser común de tódolos vilagarciáns de ben: a inmediata recuperación para as nosas praias da bandeira azul que mereceron e seguen merecendo. Manuel Bouzas e Amadeo Rodríguez.