Sardiñada tradicional e carpa de Burla Negra

La Voz

AROUSA

04 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

?ntre as actividades previstas para a fin de semana do 20 ó 22 de xuño, figuran unha visita guiada ó Ximprón e a sardiñada na que se inclúe a tradicional empanada elaborada polas mulleres da zona. Tamén se poderá ver neses días, no salón de actos do Concello, a exposición fotográfica O mar da vida , de Maribel Longueira. De xeito paralelo estará presente en Carnota a carpa que viaxará por Galicia montada por Burla Negra. A carpa ofrecerá diversos tipos de actividades de carácter cultural, mesas redondas, maxia, teatro, música e tamén espectáculos para rapaces. Na carpa participarán diversos artistas galegos que se sumaron ás protestas contra o Prestige .