Unha mensaxe de tranquilidade dende a executiva vilagarciá

La Voz

AROUSA

?osa Cores, como secretaria xeral da agrupación, e Carlos Berride, como coordinador de campaña, fixeron onte unha primeira valoración pública dos resultados das eleccións en Vilagarcía. A mensaxe da dirección socialista segue dúas liñas. En primeiro lugar, lembrar que, malia perda da maioría absoluta, «é a terceira vez que o PSOE gaña e é a lista máis votada». Neste senso, Berride apunta un factor númerico: «Os socialistas obtivemos máis votos que o PP e o BNG xuntos». Por outra banda, a necesidade de analizar en profundidade as razóns do retroceso, nas que se misturan factores externos -«de feito, na campaña non houbo críticas á xestión nin propostas de modelos alternativos- e internos. Por último, e á espera dunha asamblea de militantes, o PSOE confirma que comezará polo BNG a rolda de negociacións para formar goberno.