As reivindicacións do idioma e o «Prestige» centraron os discursos do Correlingua Colexios e concellos celebran hoxe e mañán o Día das Letras con teatro, música e recitais
15 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.? Correlingua encheu onte as rúas de Cambados de centos de rapaces de toda a comarca que participaban neste acto lúdico e deportivo a prol do idioma galego. Este foi o comenzo oficial dunha semana adicada ás Letras Galegas en colexios e concellos. Despois desta peculiar competición deportiva, representacións teatrais, conferencias e a música encherán as salas da comarca durante esta fin de semana. Despois da carreira, os participantes chegaron á Praza de Fefiñáns, onde os esperaba Xurxo Souto. Él foi o encargado de presentar a cada un dos escolares que subiu ó escenario para ler o manifesto desta edición e algunha que outra composición feita para o evento. Por suposto que no faltaron frases como «fala, non mordas a lingua» e outras a prol do idioma, pero os alumnos tampouco esqueceron o accidente do petroleiro nos seus discursos. A música de Nacho Tobío e Pepe Vaamonde puxo o punto final. Máis celebracións A maioría dos colexios arousanos dedicarán toda a mañá a celebrar o Día das Letras. Deste xeito, no instituto de Carril terán hoxe actuacións de música galega e teatro do guiñol, ademáis dunha charla sobre a toponimia. No Arealonga tamén levan toda a semana traballando sobre a figura de Avilés de Taramancos e hoxe celebrarán un festival con teatro, cantigas e recitado de poemas. Os colexios de Cambados volverán a xuntarse na xa tradicional ofrenda floral a Ramón Cabanillas ás 12.45 horas. Será pouco despois cando tamén se faga entrega dos premios do primeriro concurso de relato curto Luis Antonio Alonso, convocado polos institutos. No Grove organizan tamén ás cinco desta tarde un encontro cos lectores a cargo de Antonio García Teijeiro e en Vilagarcía presentan o libro «Aviles de Taramancos, un francotirador da fermosura». Mentres, no Fogar do Pescador de Vilaxoán organizan una conferencia sobre o homenaxeado deste ano a cargo de José María Álvarez Caccamo. Na Illa, a asociación Dorna repite a noite dos poetas , ás dez da noite no bar Campiño. Están inviados a leer tódolos veciños interesados. Ademáis, ás oito da tarde estrearase o video sobre o chapapote no Capitol. O sábado En Baión celebran a primeira xuntanza internacional de corais a partir das sete da tarde no polideportivo. Cinco agrupaciones participan neste certamen. E en Pontecesures, ademáis de inagurar dúas rúas, organizan un festival das Letras Galegas en colaboración coa APA do Infesta. Será a partir das sete da tarde na prazuela do municipio.