Xurxo?Alonso?gaña?o?Fermín?Bouza Brey?

La Voz LA VOZ | VILAGARCÍA

AROUSA

O escritor e pintor arousán presentou baixo o lema «Cidades de area» un poemario sobre o conflicto de Iraq O xurado valorou a actualidade do contido e a orixinalidade da forma

10 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

O segundo premio de poesía Fermín Bouza Brey quedou na casa. O xurado reunido onte no concello de Vilagarcía decidiu por maioría outorgarlle o premio ó escritor e pintor arousán Xurxo Alonso. O coñecido e recoñecido artista presentou un poemario inspirado no recente conflicto bélico de Iraq. O xurado, formado por Fermín Bouza Álvarez, Miguel Anxo Fernán Vello, Xosé María Álvarez Caccamo, Camilo Franco e Gonzalo Bouza Brey, valorou a actalidade do tema, escrito con urxencia tendo en conta que a guerra vén de finalizar, e os esforzo empregado no traballo. Nivel dos concursantes O portavoz do xurado, Fermín Bouza Álvarez, subliñou ó remate do acto o nivel medio das 27 obras presentadas, que el calificou de «aceptable», nas que se podían ollar as liñas da actualidade na lírica galega. Este aspecto común favoreceu tamén ó artista gañador, xa que o seu poemario, presentado baixo o lema Cidades da area, destacaba fronte ó resto, precisamente, pro non deixarse levar no formal polas tendencias actuais da poesía, senón que está escrito cunha voz persoal e singular. Publicación O autor da obra gañadora recibirá un premio en metálico de tres mil euros, ademais da publicación da obra gañadora. O que será editor do libro, Miguel Anxo Fernán Vello, que recentemente sacou ó mercado outro poemario de Xurxo Alonso premiado no Concello de Bueu e que leva por título Onde viven os saqueadores dos naufraxios, dixo que a participación e a calidade das obras presentadas deixaban claro que o premio convocado polo Concello de Vilagarcía estaba xa consolidado e era unha proba da «enerxía poética do país». Xurxo Alonso, que agora suma éxitos literarios á súa consolidada obra pictórica, recibirá o premio o vindeiro sábado, día das Letras Galegas.