«Eu manifesto interiormente a miña repulsa á guerra»

Susana Luaña Louzao
Susana Luaña VILAGARCÍA

AROUSA

Está moi ledo e non o disimula. Non lle faltan razóns. No periodo de quince días publica un libro de poemas, recibe a noticia de que se lle premia por outro e recollerá o galardón e día das Letras Galegas, que coincide co seu cumpreanos. -Leo unha semana prodixiosa, e este premio significa moito para mín, porque o Bouza Brey involúcrame coa cidade na que vivo e tamén pola traxectoria de quen da nome ó premio, porque foi o seu sobriño o que me introduciu na poesía. É unha alegría total que coincide co día do meu cumpreanos, unha coincidencia fatal. -¿Por que un poemario sobre a guerra? -Foi escrito moi de présa, é moi periodístico, porque o fun creando diariamente, ata hai versos onde aparecen artigos de Xulio Anguita recollidos do Mundo cando aínda non morrera. A min as guerras non me gustan, como a moita xente, pero outros maniféstanse na rúa e poñen pegatinas. Eu todo iso o respecto, pero non o fago, manifesto interiormente a miña repulsa á guerra. É unha complementariedade do que facían abaixo e tivo o seu recoñecemento. Pero hai algo que quería destacar. Son vintenove poemas e en ningún se cita a palabra guerra. Están feitos dende un punto de vista lonxano, de espectador, sen involucrarse en demasía. -¿Que lle fai máis ilusión, un premio literario ou un premio pictórico? -Agora mesmo un premio literario, porque estes días estou máis metido na literatura. É cousa do momento. Ademais na literatura hai menos envexas, porque tamén hai menos motivación económica.