Vinteseis obras se presentararon ó Fermín Bouza Brey. Mañá decídese o gañador, que recibirá o galardón coincidindo co día das Letras Galegas
08 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.o. Logo da reunión, o concelleiro de Cultura, Roberto Araújo, dará a coñecer o fallo acompañado dos membros do xurado. A entrega do premio farase coincidir co Día das Letras Galegas, o vindeiro sábado 17 de maio. O gañador recibirá un premio en metálico de tres mil euros e ademais, verá a súa obra publicada. Como suliña o Concello, «isto fai deste certame poético un dos máis importantes de todos os que se celebran en Galicia». O certame de poesía Fermín Bouza Brey celebrouse por vez primeira o ano pasado en Vilagarcía, e o premio foi parar nas mans dunha xoven poetisa coruñesa, Emma Pedreira, pola súa obr a Os cadernos d'amor e outros veleno s. A organización do certame poético enmarcarse no proxecto do concello de poñer en marcha actividades culturais dunha valía e interese que sobrepasan as fronteiras da comarca de Arousa.