«O fenómeno independente se debe a que o PP está moi roto»

La Voz

AROUSA

Con tres candidaturas independentes dun total de seis, Pontecesures toma o relevo do Grove nun fenómeno que para Angueira ten fácil explicación. -O fenómeno independente en Pontecesures está claro que está favorecido pola meirande participación cidadá que truxo a democracia, pero fundamentalmente entendo que o fenómeno independente se debe a que o Partido Popular está moi roto e dúas das tres listas independentes que se presentan son escisións do PP. -¿De que se sinte orgulloso destes últimos catro anos? -Da participación e da democratización do Concello. Que os veciños veñan e sexan atendidos sempre de forma exquisita. Tamén de sacar adiante un Plan Xeral, que o PP non foi capaz, onde comtempla unha zona para un polígono industrial, a ampliación do patio escolar, facer unha guardería infantil, o transporte escolar e o ensanchamento de viais e a dotación dun área municipal de esparcemento na zona da papeleira. -¿E que cambiaría? -Home, hai cousas criticables, pero sempre en función dos presupostos.