AREOSO | O |
29 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.FALAR nun entorno no que non está garantizado o aplauso do público non é cómodo. Quizabes sexa esa incomodidade anunciada o que levou ós responsables do PP da comarca a rexeitar unha invitación da Plataforma para a Defensa da Ría para falar en público do Prestige . Os populares aluden na súa carta de resposta ós organizadores do acto que hai «motivos evidentes» para declinar a súa invitación. O argumento é absolutamente sorprendente. ¿Cales son eses motivos?. ¿A certeza de ser os únicos defensores dunha postura e dunha xestión que vai ser criticada con ferocidade polo resto dos ponentes?. Non pode ser: ese debería ser un risco asumido no momento no que alguén se mete no mundo da res publica . Se algo está claro é que a mellor forma de que a xente non estea «manipulada» é que teña acceso a todas as opinións. Por eso, anque xa é sobradamente coñecida a mensaxe popular, parece oportuno que algún dos seus representantes pasase polo acto. Do contrario, haberá que pensar ou que non teñen claras as súas cousas, ou que o tema non é tan importante como para perder un so minuto preelectoral falando del.