O luns é o día da Virxe das Cabezas. A víspera desa xornada festiva, A Armenteira encherase de mozos e de música para o seu disfrute
16 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.o. Fóra de Servicio, de Ribadumia, El Bosque Ambulante, de Cambados, e Fungo, da Illa, serán os protagonistas dun acto co que a comisión de festas pretende «adaptar a romería os novos tempos» pero salvagardando a tradición. «Decidimos adicar o domingo ós mozos, pero manter o luns como sempre, sen alterar a romería», explicaban onte. O vindeiro luns, na Armenteira esperan a máis de 12.000 personas. Todo está listo xa para acoller a estes romeiros de principios do século XXI. Pero hoxe é día de procesión en casi todos os lugares da comarca. En Vilagarcía, por exemplo, a Solemne Procesión de Xesús Nazareno sairá ás oito e media da tarde. A Banda de Música de Ribadumia e o tercio de cornetas e tambores da Cofradía Segunda Estación serán os encargados de marcar o paso desta solemne marcha.