«Farois Vermellos» é o título da obra de teatro que esta noite se estrea na casa de cultura de Vilagarcía. Unha historia «de memoria e dignidade»
03 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.a. ». Esa historia particular quere servir para axitar as conciencias. Así o di o seu director, Ze Paredes, que sostén que «se conseguimos axitar a memoria dalgún espectador, penso que a nosa tarefa estará cumprida». Di este dramaturgo portugués que co seu traballo quere romper unha tónica social que «leva á xente a querer esquencer as cousas malas». Cousas que non se poden botar ó fondo da mente, porque hai que telas presentes para poder aprender delas. A productora desta obra, Belén Quintáns, cree que esta peza é un bo exemplo do teatro que quere facer a compañía na que traballa. «O nome Teatro de Aquí non é casual. Queremos falar de aquí e do presente, en ocasións coma estas analizando cuestións desde o pasado», sinalaba esta muller. Ese ancello de vinculación coa realidade quedaba onte ben evidenciado: ela, como o director e a actriz desta montaxe, lucían onte chapas e pegatinas cos lemas «Nunca Máis» e «Non á guerra». Este reducido equipo leva case cinco meses traballando nesta peza, que inicialmente fóra pensada para a súa representación en Portugal. Pero Ze Paredes recibiu a chamada de «Teatro do Aquí» e aceptou a súa proposta. Os resultados do traballo realizado veranse, por vez primeira, esta noite. A partir das nove, a casa de cultura de Vilagarcía encherase con Farois Vermello .