O xurado do premio de traducción destaca a sinxeleza da obra de Xesús Riveiro
25 ene 2003 . Actualizado a las 06:00 h.? entrega do premio de traducción Plácido Castro que onte tivo lugar no Concello de Cambados foi o remate dun ano de celebracións en torno ó centenario deste escritor e profesor arousán. No acto presentouse tamén unha obra homenaxe no que diversos autores recollen aspectos da vida e obra de Plácido. Ademais apostouse pola recopilación de toda a obra do autor, «que está dispersa pero que será unha garantía de que nunca se olvidará a súa figura», segundo sinalou Xulio Ríos, presidente da Fundación. O acto comenzou cun discurso de Ríos lembrando os actos que a Fundación levou a cabo durante o centenario de Plácido Castro. Artigos, conferencias e ata publicacións serviron para dar a coñecer un pouco máis a súa figura. A continuación interviu o membro da Real Academia Galega e cambadés, Francisco Fernández Rei, en representación do xurado. Comenzou lembrando que «cando hai catro anos oin falar da Fundación Plácido Castro na que participaba o Concello, eu non sabía nada deste autor. Pero pouco a pouco funme dando conta de que estaba a falar de Don Plásido o inglés ». Tamén destacou a calidade de tódalas obras presentadas a concurso, «da que a gañadora é unha boa mostra. A sintaxe orixinal era moi complexa, pero o autor soubo traducila dun xeito moi sinxelo», en referencia ó traballo de Xesús Riverio, o premio por A busca do tempo perdido , de Marcel Proust. Tamén gabou a calidade dos dous acésit concedidos a Alexandra Koss e Emma Lázare. No primeiro caso porque «aínda que é ruso, parece un conto galego dende ó principio ó final», e no segundo «porque é un libro que engancha». Xesús Riveiro agradeceu á biblioteca virtual a publicación dunha obra «na que levo anos traballando». Vicente Arias recolleu o galardón de Alexandra e sinalou «que agradece o premio porque está convencida de que a lingua galega ten un potencial extraordinario».