«As programacións hai que facelas pensando no público»

Paco Domínguez VILAGARCÍA

AROUSA

Artello Teatro porá mañá en escea a obra «Amadís de algures» na casa da cultura de Vilagarcía de Arousa. Unha historia épica

27 dic 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

?rtello Teatro estrenou o pasado 21 de xulio o seu último espectáculo «Amadís de algures». Dende aquela amosaron o seu traballo en varias cidades de España i Europa. A súa última xira foi por Asturias. Mañá representan a súa obra en Vilagarcía de Arousa. -¿Cómo está agora mesmo a escea de títeres? -Hai bastante programación para ver. Pero penso que cunha visión bastante restrictiva, xa que a maioría se dirixe só a nenos. -Artello Teatro, nembargantes, está máis noutros campos ... -Nos somos actores que facemos teatro de títeres, porque nos permite facer espectáculos máis épicos, que requiren un ritual específico. Estamos máis na liña experimental do teatro. -¿Nótase o respaldo da Administración? -De cara á fora pode semellar que hai un interese polo teatro. Pero para acadar o obxectivo de inculcar o hábito de ir ó teatro, hai que saber o que se quere facer. Nós non queremos un status de artistas. Pero está claro que este sector precisa axuda e promoción. Pero sempre apoiando proxectos e traballos que fai a xente da profesión. Non gasta-los cartos para encher unha programación cultural con moitas cousas, sen saber a quén queres dirixirte. - Iniciativas coma o Museo do Títere de Lalín ¿qué lle parecen? -Moi boa idea, sobor de todo porque naceu do traballo e a traxectoria dunha compañía de títeres recoñecida coma Viravolta. -¿O teatro e os títeres teñen o xusto recoñecemento en Galicia? -Hai máis recoñecemento fóra. Cando vas por ahí adiante, onde se fan programacións para o público. acadan éxitos importantes.