O director de Opinión de La Voz presentou a un Camba «rebelde, transgresor e incitador» O xornalista Benito Leiro presentou a un autor máis próximo a Vilanova que Valle-Inclán
23 nov 2002 . Actualizado a las 06:00 h.A «Se don Julio levantara cabeza e nos vise traballando ás dez da mañán...» así comenzou o director de Opinión de La Voz de Galicia, Ernesto Sánchez Pombo o seu retrato dun Julio Camba un pouco sibarita, pero rebelda, crítico e mordaz con todo o que o rodeaba. Un relato cheo de anécdotas e opinións deste xornalista e escritor vilanovés que deixou ben claro que, por riba de todo, «foi foi un rebelde, un transgresor e incitador». O retrato foi completado polo xornalista Bentio Leiro cunha conferencia na que amosou a relación do escritor cunha Vilanova á que nunca abandoou e da que estivo moito máis próximo que Valle-Inclán. A primeira das anécdotas que relatou Sánchez Pombo foi a relación do escritor coa escola, que consideraba «un atentado contra a dignidade». Foi naqueles anos cando se fragou «unha actitude e personalidade rebelde contra o mundo dun home que cos anos sería tremendamente independiente». Con 13 anos, Camba emigra a Arxentina embarcado como polizón «e comprométese cos movementos máis subersivos e trata de rebelarse contra o sistema». Sen embargo, Pombo considera que o seu anarquismo era máis un entretenemento sentimental que unha clara filosofía, «dije que era anarquista como pude decir que era Napoléon Emperador», relataba o propio Julio Camba. Pouco despois era expulsado de Arxentina, aínda que esto non lle preocupou demasiado «yo me quería ir pero no tenía dinero», afirmaba por aquel entón. Pombo recolleu sen dúbida ó Camba máis rebelde «que esondía o seu inconformismo detrás dun gran humor». Unha ironía que «é unha sabia forma de entender a vida» e que o convertiu nun «cronista rápido e mordaz». O relato do director de Opinión de La Voz seguiu recollendo frases deste xenial xornalista que reflexaron a súa visión daquel intre no que lle tocuo vivir e no que puido coñecer gran parte de Europa e América. Unhas ideas que deixaron claro o seu carácter «indómito e en permanente rebeldía» que, segundo Sánchez Pombo, mantivo toda a súa vida.«Camba deixounos en 1962 dicindo que hermosa es la vida, pero se acaba. Tal vez só decidiu rebelarse por outros lares» concluiu.