Candea leva máis de trece anos organizando xornadas para os profesores con fin de coñecer as experiencias dos centros arousanos
15 oct 2002 . Actualizado a las 07:00 h.Candea é unha asociación de mestres da comarca do Salnés que hai xa máis de trece anos comenzou a organizar todo tipo de actividades. Dende aquela non só organizan cada ano unhas xornadas pedagóxicas, senon que tamén editaron libros e unidades didácticas coas que traballan alumnos de todo o Salnés. A última, que versa sobre o medio mariño, agotouse días despois de ser presentada. -¿Cómo xurde Candea? -Dun grupo de profesores que nos organizamos para facer actividades. Pouco despois comprobamos que si contábamos co respaldo dunha asociación, dunha entidade xurídica, tiñamos máis facilidades para, por exemplo, solicitar subvencións ou solicitar a homologación dos cursos. -¿Canta xente participa cada ano nas xornadas? -Depende da data na que as organicemos e dos temas que se traten. Houbo un ano que chegamos a reunir a cen persoas, pero normalmente son entre trinta ou cuarenta. -¿Cales son os obxectivos destas charlas? -Principalmente son tres. Por un lado, permítenos intercambiar experiencias que se están levando a cabo nos centros escolares da comarca. También son un momento para o debate e a reflexión. E, por último, de perfeccionamento, para poder seguir aprendendo. As xornadas sírvennos de intercambio e de debate. E estamos nunha comarca moi activa porque nunca tivemos que repetir experiencias, xa que cada ano hai dúas distintas que se imparten en niveles distintos. -Este ano ides reflexionar sobre educación. -Si, creemos que é un bo momento, porque se está a debatir a nova Ley de Calidade e parécenos importante saber que é o ensino de calidade e por eso adicamos unha xornada a ese tema.