MAR DE FONDO
14 ago 2002 . Actualizado a las 07:00 h.MIRA TI QUE COUSAS. A tradición é a tradición. E a tradición do Grove é o desacorde. Outra volta. Un ano máis o concello grovense quedará sen presuposto, será outra volta unha remóra nun concello con dificultades financieiras e de xestión. Non digo eu que alguén teña a culpa. Quizais a culpa é de todos e da escasa capacidade que teñen os grupos políticos grovenses para acadar un acordo que, por máis que digan outra cousas, desde fóra parece imprescindible. Hai que entender que cada grupo ten as razóns que a súa estratexia marca, pero tamén desde os grupos, o de goberno tamén, deberían entender que por riba das sinuosidades da política hai unha responsabilidade que ten que ver coas necesidades dos cidadáns e coa imprescindible carreira contra o futuro na que participan todos os pobos.