Poñerse de acordo

| CAMILO FRANCO |

AROUSA

MAR DE FONDO

13 ago 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

PARECE UN DISPARATE que agora entre Vilagarcía e Cambados ou viceversa comece unha carreira por organizar eventos xusto nas datas nas que o outro está en festas maiores. Os especialistas falaron xa contundentemente e non hai lugar para dúas festas na mesma comarca o mesmo día. Este venres, mentres Vilagarcía se molla, Cambados pasa pola vieira. A Festa da Vieira é necesaria como cabeza de ponte da recuperación dun sector. Pero non creo que teña que celebrarse xustamente o día da Festa da Auga, non será bo para a propia festa. Estes desacordos daquela maneira non axudan á explotar o potencia de cada unha das poboacións. Valería cunha conversa mínima e cun decisión que, para unha festa que comeza, non semella tan complicada. Sobre todo se a aspiración para o futuro é que a vieira sexa un referente festivo importante.