En serio

| CAMILO FRANCO |

AROUSA

MAR DE FONDO

12 ago 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

A VER SE NOS poñemos serios. En xeral, quero decir. Primeiro dixeron que Sogama era óptima, que os residuos eran nosos e a electricidade deles. Que nós pagabamos por que nos levasen os residuos e por queimalos e que eles cobraban pola electricidade que conseguían. Ata aí ben se aceptamos o modelo. Agora resulta que non. Que o modelo era bo, pero que botaran mal as contas. Alguén errou e imos ter que pagalo entre todos. Imos falar en serio. Se alguén fixo mal o plan que solten os cans porque ese plan foi vendido por todas partes como unha excelencia de xestión, como unha solución única. Non debe selo tanto. Agora fan falta máis cartos, pero din que plan é bo. Inmenso erro. Cando para algo fan falta máis cartos dos previstos é que non é bo. Xusto nun mundo onde todo se mide cos cartos, que non pidan que miremos a Sogama doutro xeito. E Sogama é caro. En serio.