Medio centenar de embarcacións tradicionais se reúnen esta fin de semana na Illa O municipio será sede no 2003 dunha concentración de carácter internacional
09 ago 2002 . Actualizado a las 07:00 h.A A asociación cultural Dorna leva un ano traballando na recuperación de barcos tradicionais. Desde entón xa se levan feito con máis de vinte embarcacións de distintas tipoloxías. A intención desta iniciativa é recuperar a cultura marítima e dar a coñecer os medios de transporte mariño que algún día foron o principal modo de vida das xentes do mar. Dentro das actividades que Dorna e a Escola de Navegación e Aparellamento de Embarcacións Tradicionais organizan para promocionar este tipo de actuacións, durante esta fin de semana terá lugar na Illa un encontro de embarcacións tradicionais. Ata o municipio achegaránse dende esta mañá arredor de cincuenta ou sesenta barcos. Unha reunión que os organizadores pretenden que sexa un «ensaio xeral» para o que o ano que vén será a concentración de embarcacións tradicionais de carácter internacional. Un certame que a Federación de Cultura Marítima acaba de lle conceder á Illa. No encontro deste ano participan, ademáis das asociacións da Illa, embarcacións chegadas dente Ribeira, Cambados, Portonovo, A Pobra, Combarro, Bueu, Vilanova e incluso dende Portugal. Esta reunión de embarcacións coincide tamén coa Volta á Illa que se celebra este mediodía, sempre que o tempo permita disfrutar desta actividade. Para acoller a tódalas persoas que este evento congregará no municipio, o Concello habilitou o pavillón polideportivo do colexio Torre. Os actos desta fin de semana foron presentados onte por Uxío Allo e Pablo Iglesias, por parte de Dorna, e polo alcalde Manuel Vázquez. Todos eles destacaron o traballo realizado pola escola e o seu desexo de que ésta se consolide ano tras ano.