A A tarde de onte serviu para presentar o libro A guerrilla antifranquista e os guerrilleiros de Galicia na voz dos poetas , editado polo Concello de Catoira, con edición e prólogo de Alonso Montero. O volume é «un libro único» segundo o seu editor, «porque é difícil que se poida encontrar un libro no que se reúnan textos que teñan este argumento: a guerrilla e os guerrilleros». Antes do recital que co mesmo argumento se celebrou onte no salón de plenos de Catoira, Alonso Montero explicou o contido do libro «que fundamentalmente é poético, pero que inclúen algúns textos en prosa e mesmo a carta do guerrilleiro Manuel Ponte ó embaixador inglés en España». Neste sentido, Alonso deu a coñecer a presencia no volume de poetas como Rafael Alberti ou Pablo Neruda. Sobre este dixo «escribíu sobre os mestres galegos influenciado seguramente polos debuxos de Castelao». Do mesmo xeito, o profesor indicou a motivación emocionada de textos como o de Rafael Dieste.