VILLAGARCÍA Y LLEIDA

La Voz

AROUSA

11 jun 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Tempo de baloncesto de novo. O Concello de Vilagarcía aposta polos grandes acontementos para promocionar a cidade. Ata aquí, todo perfecto. O problema ven cando se lle bota unha ollada a páxina web oficial da federación española de baloncesto. ¿Cal é o problema? Pois que segundo o organismo estatal o campionato sub 20 se celebra en Villagarcía (sic) de Arousa. Imos ver. ¿Vostedes imaxinan que, por un casual, este torneo se disputara en Lleida e a alguén se lle pasara polo maxín poñer Lérida nalgún momento? Se o torneo debe servir para dar a coñecer a cidade, o primeiro que compre esixir é dar a coñecer o seu verdadeiro nome. E Villagarcía de Arousa non existe, por moito que lle pese a máis de un. E neste caso non se pode falar de descoñemento, porque algún federativo que estes días vaise acercar a Carril a tomar as ameixas, xa é suficientemente coñecido nos restaurantes da zona. ¡Que o Pamesa deu o salto á EBA en Vilagarcía, home!