Sarmiento na terra do Meco

La Voz

AROUSA

O Grove non quixo que a choiva impedise celebrar na rúa o Día das Letras. A mañá presentouse arisca para os libreiros e para os actos programados na rúa. Pero malia a perenne auga, mantivéronse as actuacións previstas. E o público respondeu. Por exemplo, na Platería, actuou un conta contos e un mago, da man de Érguete. E este colectivo repartíu os máis de 300 libros que levaba para tal fin. Os que preferían estar baixo teito, tiñan unha cita na Confraría, onde Clodio González deu unha conferencia sobre Frei Sarmiento e a súa estadía na terra do Meco. Quedou boa tarde. E eso permitíu que se celebrase a obra de teatro programada por varios locais de copas da localidade e posta en escena polo grupo Teatro Meco. Unha boa fin de festa.