Para ler, ver e escoitar

La Voz

AROUSA

NACHORTAS

A feira do libro e un concerto da banda de música centran o programa de actos de Cambados O programa de actos de Cambados para as Letras Galegas incorpora este ano unha importante novedade: a primeira feira do libro. A partir das doce da mañán, instalarase unha caseta na praza do Concello na que estarán presentes tódalas librerías do municipio. Para animar este evento, o escritor Ramón Caride firmará libros e, ademáis, sortearanse agasallos entre tódalas persoas que se acerquen a mercar. Tamén se entregarán os premios do concurso escolar. Por outra banda, a compañía Caracol aproveitará a ocasión para inaugurar a exposición sobre a historia do teatro cambadés.

16 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

REDACCIÓN VILAGARCÍA As doce da mañá abrirá o stand da feira do libro que este ano organizan os libreiros do municipio con motivo do Día das Letras Galegas. Unha iniciativa que se leva a cabo por primeira vez no municipio e que conta con apoio do Concello. Na inauguración estará presente o escritor Ramón Caride, que firmará libros. Tamén organizarán un concurso entre tódalas persoas que se acerquen a mercar libros nesta caseta, por suposto, co 10% de desconto. A entrega destes premios terá lugar ás oito da tarde, ó igual que a dos agasallos do concurso escolar. Unha iniciativa que os libreiros puxeron en marcha hai unhas semanas para que os rapaces fixeran debuxos, poesías e ata relatos curtos sobre as Letras Galegas. Haberá galardóns para os escolares de San Tomé, Magariños, A Pastora, Corbillón, Vilariño e Castrelo. Ás doce e media da mañá será a banda de música de Castrelo a que se encargue de amenizar a xornada cun concerto. E o BNG fará unha ofrenda florar a Cabanillas as 21,30 horas. Por outra banda, a compañía de teatro Caracol aproveitará a ocasión para inaugurar unha exposición sobre a historia do teatro en Cambados. Será á unha desta tarde no auditorio municipal. A mostra recolle a traxectoria desta compañía, que xa leva dez anos actuando para escolares de toda a comarca, e os comezos do teatro no municipio. Para finalizar a xornada, a sala A Pera celebra o seu aniversario con concertos do grupo Avelaíña, de Xoán Silva e Blas e do cantautor Tom. Entrada gratuíta.