De todo, pero todo en galego

La Voz

AROUSA

V. MEJUTO

Os colexios conmemoran a data con festivais e romarías, ó tempo que as asociacións e outras entidades se suman á celebración da xornada A táboa de multiplicar tamén pode aplicarse ás letras. O saben os rapaces que empezan a traballar coas ecuacións e o sabe todo aquel comprometido co 17 de maio. Nas vésperas do día grande da cultura galega, as actividades multiplícanse por mil e non queda recuncho onde non haxa un festival, un recital poético, unha ofrenda floral ou unha romaría. En Vilagarcía, os rapaces da Lomba celebraron onte o seu festival con todo tipo de actividades, ata rock e twist en galego. Hoxe tócalle a quenda ós de Arealonga, pero tamén haberá contacontos en Carril, unha romaría popular no Piñeiriño e actuacións no Liceo.

15 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

REDACCIÓN VILAGARCÍA Os nenos do colexio da Lomba disfrutaron onte dun festival con todo tipo de variedades no salón de actos do instituto Castro Alobre. Para hoxe hai moitas outras actividades previstas. Arealonga. O colexio celebra hoxe o festival das Letras Galegas, con cancións, teatro, cantigas adicadas a Sarmiento, poemas, contos, relatos, cantares de cego e o himno galego de peche. Piñeiriño. Haberá unha romaría con música popular galega, desgustación de conservas e mariscos e xogos populares. No centro tamén se realizou un mural adicado este ano a Luis Seoane. Carril. Helena Villar Janeiro participa na sección A autora fala de si, e Xoán Mariño visitará o centro para participar nunha sesión de contacontos. Liceo-Casino. A sociedade recreativa de Vilagarcía súmase ó Día das Letras Galegas con actuacións dos coros infantil e xuvenil e cunha representación a cargo do grupo de teatro da asociación de amas de casa O Noso Lar. Será hoxe ás 21 horas. Cambados. O BNG celebrará un acto simbólico para conmerorar a data. Ás 21 horas haberá unha ofrenda floral diante do monumento a Ramón Cabanillas, no Paseo da Calzada. Xoán Antonio Pillado falará da importancia que para a lingua e o pobo galego ten a conmemoración do Día das Letras Galegas.