ANÁLISE Carlos Berride, arquitecto
20 abr 2002 . Actualizado a las 07:00 h.Como concelleiro de Urbanismo nos anos da súa redacción e aprobación, Carlos Berride é un dos principais responsables do PXOM de Vilagarcía. Coñece, pois, perfectamente os instrumentos legais que poden acotar o feísmo. Sen embargo, o arquitecto vilagarcía insiste en que, básicamente, «en Galicia se trata dun problema de raíz cultural». -Actualmente hai un importante esforzo por parte da Administración. De feito, moitas das mellores intervencións que se están facendo agora mesmo en Galicia son promovidas pola Administración. -¿Onde está, logo, o fallo? -Para empezar, na propia definición de feísmo. ¿Que significa? ¿o eucalipto é feísmo, por exemplo? Coido que ante todo debemos pensar que Galicia ten un importante retraso en movementos culturais importantes para a valoración do entorno. Pensemos no enciclopedismo francés. O primeiro fenómeno semellante en Galicia dáse coa xeración Nós, case douscentos anos despois. Tampouco houbo aquí unha burguesía ilustrada. E, finalmente, a normativa urbanística tivo moita culpa, ó ignorar o respeto ó territorio. -¿Existen instrumentos para condicionar estéticamente as edificacións urbanas? -Si, o PXOM de Ribadumia ou o de Vilagarcía polo que respecta ó Castro, Vilaxoán e Carril limita os materias a empregar. Sería posible extender estas medidas a todo o municipio. Pero sería unha actuación moi complexa, que chocaría co libre mercado e, polo tanto, podería ser impugnable.