Vivir adosadamente

La Voz

AROUSA

V. MEJUTO

Teatro do Aquí representa a última comedia de Roberto Vidal Bolaño Roberto Vidal Bolaño leva desenvolvido en Teatro do Aquí unha triloxía a medio camiño entre Valle Inclán e Roland Topor, a medio camiño entre o esperpento e o paradóxico. Hoxe presenta en Vilagarcía a última parte desa trioloxía: «Animaliños». Unha obra coas neuras e teimas dos residentes en adosados e a súa natureza tan brutalmente domesticada.

04 abr 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

REDACCIÓN VILAGARCÍA Cada cultura ten as súas neuras e esa cultura emerxente dos adosados coa súa parecela ten a súa particular e paradóxica: sobrevalora o coidado do propio por pequeno que sexa e esquece por completo o de todos. Máis ou menos. Vidal Bolaño quixo pechar esa triloxía das neuras urbanas co ultimo chanzo da modernidade urbanística: o xardín dos adosados. Os protagonistas non son as flores que medran en espacios pechados tan civilizados, senon esas manías dos seus propietarios, enleados neeste caso concreto en derrotar unha praga intensa de caracois. Igual que as urbanizacións de chaleciós teñen os seus muros entre céspede e céspede, Bolaño fragmenta os episodios para lle dar tempo ós personaxes que interpretan Mónica Camaño, Rubén Ruibal e Avelino González, a que se amosen dende cadansúa particular neura.