«A vena artística que temos estimúlase por contaxio»

La Voz

AROUSA

A ARTE NA COMARCA

23 feb 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

Coincide cos outros artistas que expuseron na sala de Vilagarcía en resaltar a importancia de contar con este espacio. -O que está pasando coa sala é que consigue que os pintores produzan máis. Poucos teñen a oportunidade de mostrar a súa obra nun espacio así, iso xera ilusión; a min xeroume ilusión. Podes ser máis ou menos crítico co que se expón, pero xera ilusión. Todo o mundo que ten algo que dicir quere dicilo aí. -¿E de onde lle vén á comarca esa tradición? -Aquí houbo artistas importantes, figuras senlleiras como Rivas Briones ou Conde Corbal e outros posteriores como Lino Silva, un renacentista contemporáneo. O demais é contaxio, empatía. É un lugar perfecto para traballar e que a xente se anime. Case todos temos unha vena artística, e esa vena estimúlase por contaxio. -¿E de onde vén a túa vena artística? -Da gardería, supoño. Xa non recordo cando empecei. Antes de ir a Belas Artes xa facía cómics. Logo, da miña estadía en Salamanca algo quedou tamén. ¿Tradición familiar? Si... O meu pai tallaba madeira.