Os responsables do acuario do Grove teñen ben claro que non se pode amar o que non se coñece. Por eso, levan feito un esforzo enorme para convertir as instalacións de Punta Moreiras nun centro no que se lles ensine ós visitantes, e especialmente ós visitantes máis novos, que é o mar, quen vive no mar, e como debemos facer para coidar o mar. Este é o terceiro ano que se firma un convenio entre a empresa e a Deputación Provincial, o cal permitirá que 3.000 rapaces de toda a provincia poidan achegarse ata O Grove para coñecer os segredos do mundo submariño. Unha iniciativa moi celebrada polos promotores do Acquarium que destacan a aposta deste organismo público pola educación ambiental. A Deputación destina a este fin 18.030 euros (3,00 millones de pesetas). E, a cambio, as portas do acuario abriranse para os rapace, sobre todo os do interior que teñen menos posibilidades de acceder a esta oferta de ocio. Unha vez dentro do recinto, monitores especializados explicaranlles todo o que apareza diante dos seus ollos: as especies, os ecosistemas da costa galega que están representados en Punta Moreiras. Antes de marchar para casa, os rapaces terán ocasión de facer unha práctica na granxa marina, ó tempo que se entregará a cada alumno unha carpeta de unidades didácticas sobre todo o que previamente viron no Grove. Os nenos poderán dar unha volta pola ría de Arousa a bordo dalgúns dos catamaráns de Acquavisión. O obxectivo final e principal: que os rapaces coñezan o mar.