CAMBADOS
12 feb 2002 . Actualizado a las 06:00 h.As rúas de Cambados enchéronse onte de plumas de cores y dos ruidosos compases das charangas e comparsas. Na capital do albariño premiouse a participación. E así cada unha das comparsas que entrou a concurso recibiu a nada despreciable cantidade de 240 euros (39.933 pesetas), por poñer un pouco de «marcha» ó Entroido cambadés. A parrilla de saída para os grupos carnavaleiros ubicouse na escalinata de San Tomé. Alí déronse cita «Os Marchosos» de Combarro; «Marajota e media» e «Os Trancheiros» de Vilaxoán; «Mariñenses» e «San Xulián» de Marín, e «Os Alegres» de Dorrón. Sete comparsas para sete premios, por participar. Desde San Tomé, as comparsas, as máscaras e os choqueiros percorreron o municipio ata Fefiñáns en procesión, para ofrecer alí a súa mellor actuación. Pero onte non só foi día de letriñas e de escarnio en Cambados. Tamén os pubs organizaron unha boa e premiaron os mellores disfraces, e de paso tamén os seus clientes máis fieis, na praza do Rollo. Onte foi o último día de «juerga» de tarde e bailes trasnoitados no municipio cambadés. Hoxe o Entroido despídese co tradicional enterro da sardiñ. Haberá que recoller o «confetti» e as perrucas e esperar a que Don Carnal regrese o vindeiro ano.