Reparto entre centros de ensino

La Voz

AROUSA

31 ene 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

Ó finalizar a presentación do xogo, os mestres presentes no acto dos distintos centros de estudios da comarca levaron as caixas con duascentas unidades destinadas ós institutos. Cada unha costa do taboleiro e dunha caixa coas 440 tarxetas e as fichas correspondentes. Logo, Caixanova fará un reparto dos xogos restantes. Aínda que o pasatempo foi elaborado pensando nos alumnos de Secundaria, Salnesxogo é un instrumento lúdico ó servicio de toda a poboación. O seu deseño e a súa calidade e tal que non ten nada que envexar a outros similares que se venden nos comercios. E co valor engadido de que está centrado na comarca, unha oferta inexistente nas tendas. O equipo de Normalización Lingüística xa se comprometeu a ir actualizando cada certo tempo as preguntas para que sexa unha ferramenta válida tamén no futuro. A edición en CD-Rom amplía a oferta ós incondicionais das novas tecnoloxías.