QUE VEÑA «EL FARY»

La Voz

AROUSA

SERXIO GONZÁLEZ MAR DE FONDO

25 ene 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

Hai cousas que caen polo seu propio peso. O taxi é, en primeiro lugar, un servicio público sometido a regulación. E punto. Polo camiño que levamos, chegará o día no que algunha lumbreiras do volante quera conducir pola esquerda e recolla sinaturas para presentarlle a Quintela a súa idea. Se o que se pretende é unha peculiar liberdade, sobre o principio de que «o coche é meu e son autonómo», saiban vostedes que os demais tamén temos vehículo. E que se nos peta, poderiamos facer de taxistas no noso tempo libre. ¿Por que non? Ah, porque é precisa unha licencia. Ben, pois aplíquense o conto. E se tanto lles gosta apoiar unha cousa hoxe e outra mañá, tampouco teñan problema. Traemos a El Fary a Vilagarcía, e a ver se así se senten ben representados. E, de paso, o resto podemos coller un taxi ás dúas da tarde dunha santa vez.