20 ene 2002 . Actualizado a las 06:00 h.
REDACCIÓN VILAGARCÍA O vindeiro sábado entregarase o primeiro premio de traducción instaurado en Galicia. Promovido pola Fundación Plácido Castro, formará parte dos actos que este ano lembrarán o centenario do nacemento do escritor, traductor e xornalista. O premio organizado pola fundación pretende recoñecer aqueles traballos de traducción que achegan grandes obras da literatura universal ó galego, un campo no que Plácido Castro traballou e que, dende o punto de vista dos premios, estaba inédito en Galicia.