Na biografía de Plácido Castro, editada en Ir Indo, dise del que foi un librepensadosr, un dandi transterrado, dotado de múltiples cualidades dispersas. Non se lle escapou nin a pintura da súa polifacética sinatura. Naceu en Corcubión pero deixou unha forte pegada en Vilagarcía e Cambados, municipios ós que estivo moi unido ata o seu pasamento. Castro foi, sobre todo, un erudito. Incluso nas publicacións da época se citaba como «o noso culto amigo Plácido». Palabras que saían de boca dos máis ilustres intelectuais do momento. Escritor, músico, publicista, traductor, xornalista, profesor de inglés...todas estas facetas completan a singularidade de Plácido Castro, un home que tivo un papel determinante na vida política e cultural do seu tempo. O seu compromiso co movemento galeguista foi férreo. A Guerra Civil e o exilio marcaron logo a súa evolución e mergullárono nunha etapa de reflexións, nas que xa non voltou a imprimir tanta paixón coma antes.