SERXIO GONZÁLEZ MAR DE FONDO
14 ene 2002 . Actualizado a las 06:00 h.Poida que, como afirman os autónomos, o panorama dos supermercados esté saturado en Vilagarcía. Sen embargo, esta lei de oferta e demanda que rixe as nosas vidas non ten freo. Xa se sabe. O mar non ten cancelas, e o principio de competencia, tampouco. Así as cousas, ó pequeno comercio non lle queda outra que blindarse nos seus mellores valores e reforzar a súa oferta para plantar cara ó que ven por diante. O resto sería esgotar os folgos nunha batalla estéril contra muiños de vento. O futuro está aquí, e computa para todos.