O teatro sin palabras

La Voz

AROUSA

MARTINA MISER

Berrobambán presenta na Sociedade Cultural de Cambados o seu espectáculo «Diariamente» Sin palabras. Así se define o espectáculo que a compañía de teatro Berrobambán levará ata Cambados esta fin de semana. «Diariamente» é o cotiá, as cousas que nos acompañan na vida diaria. Deste xeito se inicia o ciclo de teatro infantil que se desenvolverá la Sociedade Cultural ata o vindeiro día 10 de febreiro. Ata entón unha morea de historias, en formato monicreques ou en carne e oso, encherán os domingos de pequenos e maiores. Ben valen estes bos ratos o 1,5 euros (250 pesetas) que custa a entrada.

10 ene 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

REDACCIÓN CAMBADOS Este domingo a compañía Berrobambán representará na Sociedade Cultural a súa obra Diariamente. Un espectáculo carente de palabras no que se fala dos obxectos cotiás e a súa relación coas persoas. Precisamente, esa ausencia de verbas, ese carácter de mimo que ten Diariamente é o que a fai atractiva para os máis cativos da casa. Aínda que o espectáculo está aberto a tódolos públicos. As historias que discurren pola escea desta creación de Berrobambán, xurden a partir da xestualidade, do teatro máis visual. A contacontos Paula Carballeira non perdeu a oportunidade de participar neste proxecto escénico que dirixe Campanari. A cita co teatro este domingo será as sete da tarde. Á misma hora, ás vindeiras fins de semana chegarán á Sociedade Cultural Monicreques de Kukas co seu espectáculo Xan Trapallas; Teatro Buratini con O pazo de papel; Factoría teatro co seu Faiado encantado, ou Cachirulo con Santiago, historia.... A entrada para disfrutar das obras que se porán en escea neste ciclo de teatro infantil é de 1,5 euros (250 pesetas). Un bó precio para disfrutar dunha tarde a pé de escenario.